CRTVG

Buscar

Os tests de antíxenos próbanse xa nos centros de saúde galegos

Publicado o 23/10/2020 15:18

Na primeira semana de uso dos tests de antíxenos nas urxencias dos hospitais públicos galegos fixéronse arredor de 800 probas.

A toma de mostras faise a través do nariz, igual que nunha PCR, pero os resultados son máis rápidos. Sabemos se demos positivo en só 15 minutos e cun grao de fiabilidade tamén similar ao da PCR. Preténdese estender o uso destes tests de antíxenos de forma que convivan coas PCR. E para iso xa se están probando en 5 centros de saúde galegos.

Ademais dos tests que realiza o Sergas, medio cento de farmacias de Ourense levan unha semana facendo probas para detectar asintómaticos. En só cinco días, as farmacias fixeron 1.500 probas.

Noticias web

23/10/2020