CRTVG

Buscar

Os tests de autodiagnóstico de anticorpos da covid chegan ás farmacias

Publicado o 10/12/2020 13:55

Algunhas farmacias dispoñen xa dos chamados tests de autodiagnóstico da covid. Custan uns 25 euros e só se poden vender en farmacias e con receita médica. Serven para saber se unha persoa tivo contacto co virus, e pouco máis. 

Paula Briones, farmacéutica: "Non nos serve para saber se unha persoa está infectada neste momento. Simplemente permite saber o estado serolóxico do paciente. Nin vale para saber se unha persoa está contaxiada, nin para discriminar se está nun momento de infección aguda ou xa se pasou, nin serve para poder ir cear o día de Nadal".

O fabricante indica que se debería facer entre o día 10 e o 20 tras o inicio dos síntomas. Pero, un resultado negativo non garante estar libre do virus. Pola contra, o test pode dar falsos positivos en enfermos con artrite reumatoide ou se se toman anticoagulantes ou corticoides. Por iso débeos interpretar o médico. 

Paula Briones, farmacéutica: "A xente ten confusión, está desexando reunirse no Nadal, cre que isto é a solución. Pero non é a solución nin sequera para saber se estamos contaxiados ou non, que quede claro".

Pode ter utilidade para facer unha mostraxe de contactos con positivos ou para apoiar un diagnóstico positivo nunha PCR, que segue a ser a proba de referencia para a covid.

Noticias web

10/12/2020