Os terroristas de Cambrils querían atentar contra o Camp Nou e a Sagrada Familia
Publicado o 11/11/2020 15:16
Os atentados xihadistas de 2017 en Cataluña foron improvisados tras a explosión da casa de Alcanar. É unha das conclusións dos investigadores que hoxe prestaron declaración na segunda xornada do xuízo na Audiencia Nacional.
O que era xefe de Antiterrorismo dos Mossos detallou como a célula, liderada polo imán de Ripoll, financiou con varios roubos a compra de explosivos.
A explosión da vivenda dos terroristas precipitou os ataques de Barcelona e Cambrils, malia que os seus obxectivos iniciais eran outros.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 09:11
26/01/2021 09:02