CRTVG

Buscar

Os terapeutas da Asociación Doa tratan de manter o seu servizo a través de videochamadas

Publicado o 12/05/2020 14:22

Andrea e Hugo falan un par de veces por semana. Hai mes e medio que deixaron de convivir nas actividades do centro vigués, pero a tecnoloxía axuda a que os usuarios da Asociación Doa sigan en contacto cos seus terapeutas.

Como a videochamada non vale para todos, o persoal de Doa acode por quendas á súa sede para organizar envíos de material para os usuarios que non seguen as actividades telematicamente. Tamén para distribuír os epis que utilizan os seus compañeiros que seguen traballando de xeito presencial nas seis vivendas atendidas por Doa.

Este centro concertado coa Xunta de Galicia atende en Vigo máis de 150 persoas con enfermidades mentais.

Noticias web

12/05/2020