CRTVG

Buscar

Os técnicos forestais da Xunta comezan unha folga indefinida o 1 de agosto

Publicado o 30/07/2020 15:15

Os técnicos forestais da Xunta volveron concentrarse ante a Consellería de Medio Rural para reclamar unha mellora nas súas condicións de traballo.

Reclaman un incremento do cadro de persoal, a redución do horario anual, que actualmente supera as 2.000 horas, que se regule o traballo en fins de semana e festivos e que se garantan 15 días de vacacións en verán.

Ante a negativa do goberno galego de negociar as condicións laborais os sindicatos convocaron unha folga indefinida a partir do sábado.

Noticias web

30/07/2020