CRTVG

Buscar

Os taxistas de Vigo levan maiores das residencias da cidade ver as luces de Nadal

Publicado o 23/12/2019 22:00

Despois da merenda, hai que moverse. Pero, desta volta, o paseo vai ser en coche, mellor dito, en taxi, e cun condutor moi especial encantado coas pasaxeiras que lle tocaron.

Ana, Montse, Pilar e María van no equipo de Papá Noel e nós, canda elas, que nos fan un oco para que poidamos acompañalas mentres descobren como se ilumina a cidade.

O paseo percorre todos os escenarios importantes, para sorpresa e ledicia das pasaxeiras.

O grupo reúnese na Porta do Sol, a carón da árbore e cadaquén comenta o que máis lle gustou e como pilotou o seu condutor. É o segundo ano que a Cooperativa de Taxis de Vigo pon en marcha esta iniciativa para os maiores das residencias da cidade.

Noticias web

23/12/2019