CRTVG

Buscar

Os taxistas de Ourense traballan en quendas ante a caída da demanda

Publicado o 09/07/2020 21:11

Por quendas e con tan só o setenta por cento dos vehículos dispoñibles. Así está a traballar en Ourense o sector do taxi. Din que o descenso drástico de turistas e viaxeiros e a redución das saídas relacionadas co ocio nocturno fan inviable que haxa traballo e clientes para todos. 

Coas paradas cheas de taxis pero sen clientes e outras practicamente baleiras. Así están a traballar dende hai semanas en Ourense. Fano por quendas. Cada día entre o 65 e o 70 por cento dos 104 taxis que hai dispoñibles.

Eses momentos puntuais de apuro atopámolos na estación de tren. Alí chegan os viaxeiros, non demasiados, a unha parada con tan só seis taxis. Os máis deles non son clientes e a outros non lles queda outra que esperar. Os profesionais aseguran que a moitos nin sequera lles compensa pasar aquí a xornada

Os usuarios din entender a decisión dos taxistas e a situación en que se atopa o sector, e coidan que segue a ser un servizo público imprescindible en moitos casos.

Lembran que os taxis cumpren estritas medidas hixiénicas e de desinfección para que o servizo sexa seguro para os seus clientes en cada viaxe.

Din que con todo son optimistas, confían en que a situación mellore aos poucos sobre todo a partir do mes de setembro.

Noticias web

09/07/2020