CRTVG

Buscar

Os taxistas, contra o toque de queda

Publicado o 26/10/2020 16:30
Os taxistas, contra o toque de queda

Un dos gremios máis afectados polo toque de queda é, sen dúbida, o do taxi. Consideran que esta medida pode ser a estocada para o sector. Aos que máis vai afectar esta situación son os asalariados do taxi, que están abocados a un ERTE. Dende o sector xa alertan de que nestas condicións non van poder cubrir os servizos mínimos.

Outro gremio que traballa nas horas do toque de queda é o dos panadeiros. Para eles practicamente non cambia nada. O que si notan é un cambio de tendencia. Os clientes son máis madrugadores e fan provisión de produtos para non ter que mercar todos os días.

Noticias web

26/10/2020

Máis sobre actualidade