CRTVG

Buscar

Os talleres de reparación de vehículos confían que a operación saída contribúa á súa recuperación

Publicado o 08/06/2020 21:01


A previsible reactivación do turismo nacional a partir de finais deste mes daralles un respiro aos talleres de reparación de vehículo galegos. Por iso agardan ter un bo verán a efectos de facturación grazas á operación saída, que representa sobre o 11% dos seus ingresos ao ano.

"Todo o que sexa movemento e é certo que o verán, a calor, a actividade fóra facilita o movemento de xente e o gasto de coche e polo tanto hai que coidar máis o vehículo, iso si, ahi unha esperanza en que o verán compense en certa parte o que se perdeu, di o xerente da Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos

En Galicia, o sector avalía que durante estes meses de confinamento as perdas de moitos talleres se achegan ao 60%. A súa actividade, sinalan, foi practicamente nula xa que só lles prestaron asistencias aos vehículos dos servizos de emerxencia

 "Estase vendo que a actividade se recupera e a normalidade aos talleres empeza a chegar pouco a pouco. Aínda falta bastante porque foi moito o que se perdeu nestes dous meses de parada, que foron moi grandes onde os talleres practicamente estiveron a cero e agora hai que recuperar a actividade", afirma o xerente de ATREVE

Os representantes do sector afirman que hai que agardar as consecuencias económicas derivadas desta crise sanitaria, pero neste momento calculan que os seus ingresos poderían baixar ata un 30% neste 2020

Noticias web

08/06/2020