CRTVG

Buscar

Os surfeiros afrontan ondas xigantes nos adestramentos para o Illa Pancha Challenge

Publicado o 09/12/2019 20:27

Os pilotos remolcan as táboas ata as ondas en moto de auga para que os surfeiros poidan acadar velocidades próximas aos 70 quilómetros por hora nos tubos que se forman. Así de espectacular é o 'tow-in surf', que algúns dos maiores expertos do mundo puideron practicar en Ribadeo, aproveitando as ondas xigantes que se formaron.

Cédric Giscos, surfeiro: "É moi impresionante. É unha besta, esta onda. As primeiras ondas da xornada foron máis tranquilas, para afacerse. Despois, co meu piloto, Pierre, tomamos pouco a pouco grandes ondas ata chegar a un tubo xigante".

Estes adestramentos son un adianto do Illa Pancha Challenge, o campionato mundial de 'tow-in surf' que se disputará en Ribadeo entre xaneiro e marzo do ano vindeiro.

Óscar García, organizador do Illa Pancha Challenge: "Cada vez que hai previsión, nós chamamos. Os franceses chegaron onte. Son 700 quilómetros en coche, veñen para aquí, dormen e fai que lle dea vida a Ribadeo. Para nós, tan importante é o campionato como a repercusión para Ribadeo, todos os visitantes e toda a xente que vén, fai unha chea de quilómetros, dormen nos hoteis, comen... Estamos potenciando moito a economía local".

No campionato participarán surfeiros chegados de Francia, de Irlanda, do Brasil, de Hawai e tamén galegos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/12/2019