CRTVG

Buscar

Os socialistas galegos defenden os orzamentos do Estado e o seu carácter social

Publicado o 20/01/2019 21:57

O secretario xeral dos socialistas galegos participou este mediodía en Pontevedra nun encontro coa cidadanía en que estivo acompañado pola ministra de Defensa e outros cargos do PSdG. Gonzalo Caballero salientou o carácter social dos orzamentos do goberno socialista, que cualificou de solidarios e igualitarios e sobre os que dixo que foran pensados para a xente. Neste senso, salientou que máis dun millón de persoas en Galicia verán aumentar os seus ingresos mensuais grazas ás novas contas públicas.
 

Noticias web

20/01/2019