Os sanitarios piden a colaboración cidadá para evitar o colapso nos hospitais
"É o momento de solicitar a máxima colaboración da cidadanía e a máxima responsabilidade individual. Temos que ser moi intelixentes, sabemos que é o momento en que vai haber máis contaxio comunitario", di Juan José González Soler, médico internista na planta covid no CHUO.
É a mensaxe dun médico internista que leva desde o mes de marzo combatendo o virus en primeira liña desde a planta covid no hopital de Ourense. Para non chegar a ese colpso os equipos médicos piden que se reduzan ao máximo as interaccións sociais.
Os pacientes covid ocupan xa o 25 % das camas da unidade de coidados intensivos na área sanitaria de Ourense, e tamén aumenta a presión nas urxencias.
O persoal sanitario di que se sente frustrado despois de todos os meses de esforzo, pero seguen traballando arreo para superar esta situación.
Despois da Coruña, a área Sanitaria de Ourense é a máis afectada, cunha incidencia acumulada que supera os 900 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días.