CRTVG

Buscar

Os ríos volven ao seu leito, pero aínda en alerta

Publicado o 25/12/2019 13:48

Así vai o Miño ao seu paso por Ourense. As termas continúan anegadas pero a situación xa mellorou con respecto aos últimos días. Por iso, a Axencia Galega de Emerxencias desactivou xa o nivel un do plan especial de riscos de inundacións. Agora estamos en fase de alerta, porque as augas volven ao seu leito ao seu ritmo, e van deixando á vista os estragos que causaron na súa contorna. Este é o caso do río Tambre, por exemplo, ao seu paso pola Ponte Maceira. Os veciños comentan que o río xa non dá medo, e que aínda ten que baixar algo máis.

Os ríos deron estes días de Nadal unha tregua pero a súa auga segue acumulándose. Os encoros galegos están arestora ao 86 por cento da súa capacidade, ben máis altos ca na mesma semana do ano pasado, cando se achegaban ao sesenta por cento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/12/2019