CRTVG

Buscar

O Miño rexistrou nas últimas horas niveis récord en 20 anos o seu paso por Ourense

Publicado o 21/12/2019 13:13

En Ourense, todas as miradas acaban no Miño. Baixa cun caudal de 3.400 metros cúbicos por segundo. Nove veces máis do habitual nesta época do ano. A dous metros aproximados para chegar á nacional 120.

Xinzo, Verín, Ribadavia, Arnoia, Riós, ... a provincia de Ourense é a máis afectada polos asolagamentos, pero a Xunta mantén o nivel de emerxencia por risco de inundacións en toda Galicia. Están baixo vixilancia os ríos das 4 demarcacións que hai na comunidade dado o elevado caudal e o risco de que desborden. 

A terra non tolera máis auga e cede. Esta é a estrada de Herosa, na Gudiña. 30 veciños quedaron incomunicados e un traballador do GES rompeu un perna ao caer na fenda.
José Fidalgo, traballador do GES da Gudiña
Setenta árbores caídas contaron na Universidade Laboral de Ourense. Unha coouse nunha aula. E en Verín, tiveron que suspender as clases neste instituto, o Castro de Baronceli, ao saír voando o tellado. Pero o maior problema na comarca de Monterrei é a auga. O Támega rebordou en varios puntos, cortando estradas no Rabal, a Pousa ou Vilela. En Cabreirorá, o río chegou tamén ás casas.
No Barco de Valdeorras tamén houbo anegamentos, neste caso por filtracións, ao non dar absorbido máis auga o terreo. E na Limia semella rexurdir a antiga lagoa de Antela.

Noticias web

21/12/2019