CRTVG

Buscar

Os restaurantes fan un menú especial Día do Pai para servir a domicilio

Publicado o 19/03/2020 15:20

Algúns restaurantes elaboran un amplo e variado menú especial Día do Pai, pero coa diferenza de que teñen que levalo a domicilio. Son moitas as familias que acostuman celebrar este día cunha comida fóra da casa, pero que tiveron que anular as súas reservas

"Hoxe podémoslle ofrecer zamburiñas, ameixas, polbo, croquetas, gambas ao allo, por suposto empanadas", di Ricardo Ventura do Restaurante Ricardo

Con todo, e malia que o estado de alarma impide saír a desfrutar deste día, os restaurantes afirman que o o servizo a domicilio está a ser frouxiño.

"Ao ser un día especial, un día festivo, e da celebración do Día do Pai, temos varios encargos referidos a este tema, porque a xente non ten maneira de celabralo fóra da casa e fixéronse varios encargos, pero a cousa está frouxiña", sinala Susana Canedo.

Estes restaurantes tamén se acordan hoxe da xente maior ou con mobilidade reducida que non pode saír da casa a comprar. Para eles tamén teñen o menú especial Día do Pai a domicilio.

Noticias web

19/03/2020