CRTVG

Buscar

Os reitores recean da separación entre Universidades e Ciencia

Publicado o 10/01/2020 14:55

Os reitores das universidades españolas consideran unha mala nova a partición de Ciencia e Universidades en dous ministerios. A Conferencia de Reitores, que integra 76 universidades públicas e privadas, amosou a súa preocupación polas consecuencias desta decisión.

A CRUE asegura que a "educación superior, investigación e innovación son indivisibles". Xa transcendeu que Pedro Duque estará á fronte do Ministerio de Ciencia e Manuel Castells, do de Universidades.

Noticias web

10/01/2020