CRTVG

Buscar

Os reitores galegos lamentan que se desliguen os ministerios de Ciencia e Universidades

Publicado o 15/01/2020 13:39

No mesmo senso que xa expresara a Conferencia de Reitores (CRUE), os responsables das universidades galegas tamén lamentan que as competencias nesta materia se desliguen -no novo Goberno- das de Ciencia e Tecnoloxía. Pídenlles coordinación aos ministerios; e tamén un esforzo por tender pontes, porque a reforma da Lei orgánica de universidades require de maioría absoluta.

"Prefería a estrutura actual de que as competencias de Universidades estivesen unidas ás de Ciencia e Innovación. O que si é necesario é que se coordinen", afirmou Xulio Abalde, reitor da Universiade da Coruña.

Manuel Reigosa, o seu homologo vigués, considera que "o Ministerio de Universidades tense que poñer mans á obra e intentar tecer alianzas para conseguir unha Lei orgánica de universidades nova, porque agora temos todas as universidades españolas un problema de financiamento, pero tamén de renovacion do persoal".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2020