CRTVG

Buscar

Os rescatadores de Julen, galardoados coa medalla de Andalucía

Publicado o 28/02/2019 14:50

O Teatro da Maestranza de Sevilla acolleu este mediodía o acto de entrega das Medallas de Andalucía, un dos actos principais da celebración do Día da Autonomía. Entre os galardoados están os membros da Brigada de Salvamento Mineiro que participaron no rescate do pequeno Julen.

O presidente andaluz e a presidenta do Parlamento presidiron o acto de entrega das Medallas de Andalucía. Nesta edición, un dos galardóns recaeu nos rescatadores do pequeno Julen, que morreu ao caer nun pozo da localidade malagueña de Totalán.

En representación de todos os que participaron no dispositivo de rescate recolleu a medalla o xefe da Brigada de Salvamento Mineiro de Hunosa. En total foron once as persoas ou institucións galardoadas, entre eles os traballadores do Espazo Natural de Doñana, o director de orquestra Pablo Heras ou a fundación cordobesa en que estudou Blas Infante, pai da Patria Andaluza.

O acto, celebrado no teatro da Maestranza de Sevilla, rematou coa interpretación do himno andaluz por parte doutra das galardoadas, a cantante Pastora Vega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2019