CRTVG

Buscar

Os produtos da horta de Mondoñedo xa contan co seu propio distintivo de calidade

Publicado o 08/02/2019 20:29

A brisa que chega dende o mar e os terreos en pendente suave e con auga abondosa fan que os produtos da horta de Mondoñedo teñan un sabor e características que os fan especiais. Por eso, a Xunta de Galicia vén de aprobar o regulamento que permite comercializar as hortalizas mindonienses co seu propio marca de garantía. Este distintivo favorece a rastrexabilidade xa que só ampara aqueles produtos cultivados no concello de Mondoñedo. Os produtores acolleron con satisfacción a implantación da nova marca xa que permitirá identificar máis fácilmente os seus produtos nos puntos de venda.

Aquí hai terreos moi bos para o cultivo de hortalizas porque a proximidade do mar e a néboa aportan a humidade necesaria e danlles un sabor diferente.

Ceboliños e repolos son os cultivos con máis tradición no concello de Mondoñedo pero coa implantación dos invernadoiros estanse a producir tamén acelgas, leitugas e mesmo verzas para consumo humano que marchan cara os mercados estranxeiros. Na primavera e o verán tamén se sementan tomates, pementos, chícharos e fabas. A partir de agora xa se poderá saber máis claramente se son de Mondoñedo.

Noticias web

08/02/2019