CRTVG

Buscar

Os produtores da Limia conseguen dar saída aos excedentes acumulados a través de Mercaproximidade

Publicado o 25/05/2020 13:12

Os produtores de pataca da Limia conseguiron dar saída ao excendente que quedara almacenado ao decretarse o estado de alarma a través da canle de venda alternativa Mercaproximidade da Xunta de Galicia.

Segundo asegurou o conselleiro do Medio Rural, José González, antes de participar por videoconferencia nunha reunión cos produtores da Limia, a maior parte do excedente foi adquirido e vendido por dez das principais cadeas de distribución que operan en Galicia.

A maiores, efectuáronse compras para abastecer hospitais, cociñas económicas, bancos de alimentos e entidades sociais.

"Fomos capaces de colocar máis de tres millóns de quilos de patacas na Limia, había catro millóns de quilos, a practica totalidade desa pataca comercializouse a través de Mercaproximidade, non só nas cadeas de distribución, senón que tamén na outra faceta que ten Mercaproximidade, que é a de solidariedade".

Noticias web

25/05/2020

Máis sobre Xinzo de Limia