CRTVG

Buscar

Os produtores da Denominación de Orixe Rías Baixas conseguen incrementar as exportacións

Publicado o 17/11/2020 15:34

Os Estados Unidos e Gran Bretaña son os mellores clientes dos viños das Rías Baixas. Eses mercados adquiriron boa parte dos algo máis de once millóns de botellas por valor de 45 millóns e medio de euros que significaron as exportacións na campaña 19/20.

Porto Rico, Alemaña e Irlanda son os seguintes na lista de compradores, en que figuran con forza Suecia e Rusia, con incrementos por riba do 40 %. A exportación e a alimentación son, arestora, os motores do sector.

Pola contra, da hostalería depende o 65 por cento de toda a produción da Denominación de Orixe do Ribeiro. Só no confinamento de primavera, as perdas deste consello regulador superaron os cinco millóns de euros.

Noticias web

17/11/2020