CRTVG

Buscar

Os produtores botan man da prudencia na reapertura de mercados tradicionais

Publicado o 04/05/2020 14:03

Media mañá e os veciños de Tabadoa saen á rúa para facer as compras. É luns e nótase no movemento, pero a praza dos postos do mercado segue baleira. Os produtores teñen dúbidas, botan man da prudencia e esperan a que os concellos definan como vai ser a reapertura destas pequenas feiras agroalimentarias.

Así o explicaba, Luis Gómez, concelleiro de Mercados en Taboada: "Si, non se animaron porque a xente aínda ten medo, é o primeiro día tamén e están mirando como funciona noutros lados".

A norma obriga a que haxa seis metros de distancia entre os postos, catro na marxe lateral. Os concellos marcarán a distribución, nesta carpa reducirán á metade a súa capacidade.

"Estamos aínda mirando como colocar os postos", manifestou Luis Gómez. 

Os concellos apuran estes días á reorganización dos mercados para poder ir reabrindo nas vindeiras xornadas.

Noticias web

04/05/2020