CRTVG

Buscar

O turismo alemán regresa ás Baleares entre aplausos e protocolos de seguridade

Publicado o 15/06/2020 21:16

Xon aplausos recibiron os empregados deste hotel de Palma os primeiros turistas alemáns que chegan a España despois de tres meses de confinamento polo coronavirus. O primeiro voo, procedente de Dusseldorf, trouxo 189 pasaxeiros. Durante o traxecto todos cubriron un cuestionario cos seus datos por se fose preciso poñerse en contacto con eles. Todos aseguran que veñen tranquilos, sen medo polo coronavirus.

Pola tarde saíu outro avión de Frankurt con outros 200 pasaxeiros. Estes 400 turistas alemáns inauguran un plan piloto impulado polo Goberno balear para reactivar o turismo.

Ian Levesey, Turoperador: "España vive moito do que é o turismo, é un motor moi importante na economía, entón o que ten que pasar entre todos que estamos involucrados, tanto a parte privada como a parte pública é que ten que saír ben a proba piloto e recuperamos un pouco da nova normalidade durante o verán"

Estes turistas viaxarán durante a semana polas Baleares e as autoridades sanitarias farán un seguimento da súa saúde. En caso de detectarse algún positivo por Covid-19, serán trasladados a un apartamento, no caso dos asintomáticos, ou a un hospital público se precisan atención médica.

Noticias web

15/06/2020