CRTVG

Buscar

O Goberno somete ao Congreso os Orzamentos coa maioría absoluta garantida

Publicado o 30/11/2020 15:11

Arranca o debate parlamentario dos Presupostos Xerais do Estado para 2021 que, segundo todo parece indicar, serán aprobados coa maioría absoluta dos votos da Cámara.

O Goberno xa conta co apoio de ERC, PNV, PdeCat,Compromís e Bildu, para sacar adiante unhas contas que, segundo o PSOE, son "valentes". Os socialistas queren ampliar os apoios e apelan á dereita. Segundo Rafael Simancas, o seu grupo elixiu "presentar uns presupostos de país para un momento extraordinario. Agora tócalle elixir ao resto de grupos parlamentarios".

Unidas Podemos quere que os acordos con Bildu e Esquerra "non sexan coxunturais, senón que sexan estruturais e sostidos no tempo", dixo o deputado Gerardo Pisarello. Un bloque progresista e republicano, di Podemos, ao que hoxe tamén se sumou o PDeCAT. Os cataláns votarán a favor das contas e cren que esta "vai ser unha lexislatura longa, excepto que haxa algún imprevisto", segundo o seu voceiro no Congreso Ferran Bel.

Pero o PP acusa a Sánchez de romper co constitucionalismo. Segundo Cuca Gamarra, "o que elixiron foi que paguemos entre todos, a golpe de talonario, de romper España e facela máis feble, que Sánchez e Iglesias se manteñan na Moncloa e no poder".

"Este Goberno está unido"

O ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, asegurou hoxe que PSOE e UP non son Pimpinela. "Algúns poden pensalo, pero non. Este Goberno está unido. Todos sabemos que non podemos facer un "esquéceme e pega a volta". A aritmética, nun parlamento tan fragmentado, é moi caprichosa".

Noticias web

30/11/2020