CRTVG

Buscar

Os presos do 'procés' volven a cárceres de Cataluña este mércores

Publicado o 26/06/2019 14:10

Os sete homes do procés que están presos proseguen hoxe a viaxe cara a un cárcere catalán, despois de pasaren a noite no de Zuera, en Zaragoza. Os presos están a ser conducidos pola unidade especializada da Garda Civil. En Cataluña xa serán os Mossos d'Esquadra quen asuman a súa custodia e seguridade.

As dúas mulleres presas pola mesma causa van ser trasladadas directamente mañá desde a prisión de Alcalá de Henares a Cataluña.

Noticias web

26/06/2019