CRTVG

Buscar

Os portos da Coruña e Vigo perderon entre xaneiro e xullo máis de 130.000 pasaxeiros de cruceiros

Publicado o 08/09/2020 21:19

Mediados de febreiro de 2020. Foi a última data en que atracou un cruceiro no peirao de trasatlánticos da Coruña. Unha ausencia que se deixa notar na cidade.

O coronavirus freou en seco o sector, obrigado a cancelar as viaxes programadas. Entre xaneiro e xullo, A Coruña perdeu máis de 76.000 pasaxeiros de cruceiros, o que representa unha caída do 92% en relación a 2019. O número de buques que fixeron escala tamén se reduciu, atracaron 55 buques menos.

O porto de Vigo rexistrou unha tendencia similar cunha caída do 85%, é dicir, preto de 55.000 turistas menos e perdeu 25 escalas de cruceiros. Son datos de Portos do Estado recompliados por estudo da UDC. No acumulado dos primeiros sete meses do ano os portos da Coruña e Vigo perderon máis de 130.000 pasaxeiros e só recibiron 12 cruceiros. O sector confía en remontar o prómixo ano.


 

Noticias web

08/09/2020