CRTVG

Buscar

Os porteiros do Lugo adestran os tiros de lonxe

Publicado o 22/01/2018 22:21

O gol da xornada na Segunda División naceu nos pés de Juan Carlos, gardameta do Lugo, que marcou dende os 60 metros. A xogada podería ser froito da casualidade de non ser por estas imaxes que confirman que os porteiros lucenses practican os tiros de lonxe. Aquí os teñen. Acertan non unha, nin dúas, senón ata tres veces. O gol de Juan Carlos este sábado no Anxo Carro colleu por sorpresa os afeccionados. Pero probablemente no campo máis dun sabía das posibilidades do gardameta de Guadalaxara. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2018