CRTVG

Buscar

Os plásticos que non se reciclan causan un impacto cada vez maior en mares e océanos

Publicado o 18/03/2019 21:29

O plástico está en todas partes: haino en envases, en cosméticos, en roupa, en materiais de construción e en multitude de utensilios. Pero hai un problema: os residuos que non se reciclan acaban no mar. E nalgúns casos eses plásticos tardan séculos en desaparecer.

Calcúlase que máis de 10 millóns de toneladas de plásticos acaban, cada ano, nos mares e océanos. Unha cantidade que equivale, por exemplo, ao peso de mil torres Eiffel. O gran problema é que o plástico se degrada moi lentamente, unha botella tarda máis de 400 anos.

Esas micropartículas pasan á cadea trófica e son inxeridas pola fauna mariña que despois comemos nós. Os efectos perniciosos na saúde humana aínda se descoñecen. Os científicos insisten na necesidade de facer un mellor uso dos plásticos e de xestión dos residuos.

O impacto económico destes residuos tamén é importante sobre dous sectores da economía: a pesca e o turismo.

A Unión Europea estima que só na limpeza de praias e costas gástanse anualmente máis de 630 millóns de euros.







 

Noticias web

18/03/2019