CRTVG

Buscar

Os pilotos do Dakar xa están en Arabia para comezar a gran aventura do deserto

Publicado o 28/12/2020 21:44

Carlos Sainz xa está en camiño para a defensa do título. O actual campión do Dakar non as tiña todas consigo hai un par de días. A primeira dificultade é voar a Arabia Saudita, coas novas restricións pola covid. Con 58 anos, o Premio Princesa de Asturias do deporte buscará a súa cuarta vitoria no deserto, contra os rivais de sempre.

Nani Roma, campión en coches e motos, tivo que cambiar a última hora de copiloto, positivo por covid. Na edición deste ano haberá dous debutantes galegos. Iago de Prado leva como copiloto o fillo de Luis Moya, Álvaro Moya.

Na mesma categoría, cun buggy vai outro vigués, Ricardo Ramilo. Agarda que sexa a primeira de moitas. E repite o monfortino Eduardo Iglesias. Na pasada edición rematou no posto 96 na categoría de motos.

O sufrimento parece asegurado nun rally duro e perigoso que este ano, como non terá medidas excepcionais, impostas pola pandemia mudial.

Noticias web

28/12/2020