CRTVG

Buscar

Os paus de algodón son perigosos para os diabéticos

Publicado o 22/03/2019 14:19

Un mozo británico sufriu unha infección grave no cerebro por culpa dun pauíño dos oídos que lle transmitiu unha bacteria. O Hospital de Santiago sinala que é un caso illado e probablemente único, pero advirte de que persoas diabéticas poden chegar a sufrir infeccións coma esa.

Os otorrinos desaconsellan o uso de pauciños de algodón para os oídos porque empuxan cara a dentro a cera, o que acaba ocasionando tapóns e perda de audición. Tamén porque poden romper o tímpano ou provocar feridas na pel do conduto auditivo.

"Ás veces o pauciño perde o algodón, e se o terminal de plástico entra en contacto coa pel pode facer escolificacións que xerarán infeccións", di Carlos Martín, xefe de Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario de Santiago.

Nunha persoa sa sería unha infección externa, pero un diabético poder ter problemas similares os do mozo británico que sufriu a infección cerebral.

"Este xerme está sempre na pel, o problema é cando entra máis alá da pel, e nun diabético significa un risco moi alto de que se produza unha otite externa maligna ou necrotizante. Os doentes diabéticos poden xerar ostiomielite e risco de encefalite", explica Carlos Martín.

Malia todo, este experto considera que o caso do doente británico é excepcional e que non se pode xeneralizar que os pauciños para os oídos son perigosos para o cerebro.
 

Noticias web

22/03/2019