Os pasaxeiros do tren rexional Ourense-Santiago protestan polas condicións en que teñen que viaxar
Publicado o 28/10/2019 15:12
Fastío entre os pasaxeiros do rexional que cobre a liña Ourense-Santiago. Ocorreu na estación do Carballiño. Alí, decidiron rebelarse e parar o tren, cansos da mala planificación de Renfe que, segundo denuncian, sofren domingo tras domingo. Desta volta, habilitou un tren turístico, por mor dunha avaría na máquina habitual. Aos pasaxeiros tocáballes ir de pé, no chan ou, directamente, quedar en terra. A resposta foi impedir a saída do tren ata que Renfe lles enviou un autobús.
Máis sobre actualidade
22/01/2021 21:52