CRTVG

Buscar

Os panadeiros incrementan as xa rigorosas medidas de hixiene deste sector

Publicado o 17/03/2020 14:19

O pan é un dos produtos considerados de primeira necesidade, polo que o sector panadeiro nesta situación de alarma non para a produción. Iso si, para garantir a seguridade nos obradoiros incrementaron as xa estritas normas de hixiene que aplican habitualmente. Tomar a a temperatura a todos os traballadores antes de comezar a xornada é unha das, asegura o panadeiro Guillermo Moure.

Nos despachos de pan as medidas refórzanse tanto para os dependentes coma para os clientes.

"Xa usaban luvas, e agora, a maiores, poñen outras de látex e conseguimos máscaras e xel", di Guilleromo Moure.

Tamén aumentaron as medidas de protección na fase de repartición.

De momento, neste forno non precisaron modificar as quendas de traballo. Debido a que as vendas se concentran no horario de mañá, manexan a posibilidade de pechar as tendas pola tarde.

Noticias web

17/03/2020