CRTVG

Buscar

Os pais tratan de axustar ao máximo para evitar que os avós coiden dos nenos

Publicado o 14/05/2020 15:06

Coma encaixes de Camariñas. Así de fino hai que fiar para conciliar a crianza dos nenos pequenos coas responsabiliades laborais agora que entramos na etapa de desescalada. Cos centros educativos pechados os que se acolleron a un ERTE ou accederon á opción do teletraballo atoparon unha solución. Pero temporal. E iso vai chegando en moitos casos á súa fin. Toca romper de novo a cabeza para artellar solucións.

Os avós son grupo de risco. Non debería ser unha opción. Pero ás veces non queda outra.

Aínda no caso de que reabrisen os centros escolares a finais de curso, algúns pais nin se cuestionarían envialos de novo ao cole.

A opción de campamentos ou ludotecas tampoco existe de momento.

Así están as cousas polo de agora. Toca confiar en que a evolución da pandemia permita ofrecer novas alternativas aos pais.

Noticias web

14/05/2020