Os pais, entre a ledicia e as dúbidas ante a saída dos nenos
Xa falta menos para que os nenos poidan atravesar a porta e saír á rúa. E canda eles, os pais son os primeiros en celebrar o cambio.
"Ir ao súper e todo iso é absurdo, porque hai moitísima xente. Vexo máis normal un paseo. Airéanse, e xa está". "Que eles tamén se despexen un pouquiño e desfoguen un pouco".
Pero non todos pensan igual, e, sobre todo, hai moitas dúbidas.
"É moi pronto aínda para que saian". "Como facemos para sacar os tres, se só se pode sacar un por un". "Está todo tan confuso que realmente o único que se fai é equivocar os pais e os nenos".
Din os expertos que saír do peche só ten sentido se repercute no benestar físico e emocional dos nenos.
Para o balbordo nos parques aínda queda. Este é un primeiro paso, e hai que dalo co garantías.