CRTVG

Buscar

Os pais de Sarria acordan non levar os seus fillos ao colexio apuntalado

Publicado o 23/01/2020 10:53
Os pais de Sarria acordan non levar os seus fillos ao colexio apuntalado

Os pais dos alumnos matriculados no colexio Frai Luís de Granada, en Sarria, tomaron a decisión de non enviar aos seus fillos a clase ata que a Consellería de Educación presente "un estudo en condicións" que garanta a seguridade das instalacións.

Segundo informaron a EFE representantes do ANPA, nunha reunión que se celebrou onte pola tarde os pais decidiron "por unanimidade" que os nenos non volverán ao colexio ata que "se presente un estudo en condicións e sexan reparadas" as deficiencias.

Mentres, os pais piden que os alumnos sexan "recolocados", como xa sucedeu cando apareceron as primeiras gretas no ano 2011, para regresar "encantados" cando o colexio deixe de estar en obras.
Ademais, os pais convocaron unha manifestación de protesta, que terá lugar esta noite, a partir das 20:30 horas, con saída do propio colexio para terminar na praza da Vila.

Foi solicitado tamén un pleno extraordinario no Concello de Sarria para tratar de forma monográfica este problema.

Na xornada deste xoves, segundo as mesmas fontes do ANPA, pouco máis de 20 nenos acudiron a clase, dos 377 que hai matriculados no centro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí