CRTVG

Buscar

Os pais de Laura Alonso acollen con medo o terceiro grao que lle concederon ao asasino da súa filla

Publicado o 15/01/2020 14:25

Os pais de Laura Alonso viven dende hai quince días co temor de atoparse co home que lle quitou a vida á súa filla.

Javier Cruz obtivo o terceiro grao, dorme no cárcere e traballa nun taller polo día a poucos quilómetros da súa casa en Xestosa, Toén.

O 24 de agosto de 2009, Javier Cruz matou a súa filla, de 19 anos. Atopárona cinco día despois, o que fora mozo dela, agochou o cadáver no monte despois de estrangulala. En 2012 foi condenado a 18 anos de cárcere por asasinato, pena que rebaixou despois o TSXG a 15 anos por homicidio. En 2016 obtivo o seu primeiro permiso e agora goza do terceiro grao.

Di Ramona que a súa filla foi outra vítima dun asasinato machista, que sufriu malos tratos durante a relación, asegura, e que recibía ameazas constantes ao móbil dende que romperan.

Os pais barallan pedir unha orde de afastamento do homicida de Laura, pero din que se lla denegan sería outro golpe duro difícil de dixirir para un matrimonio desfeito pola dor pola perda da súa única filla.

Noticias web

15/01/2020