CRTVG

Buscar

Os pais de Julen denuncian comentarios ofensivos nas redes sociais

Publicado o 15/02/2019 14:03

A morte de Julen, o neno que caeu no pozo de Totalán, terá unha segunda parte nos xulgados.
A avogada dos pais anunciou que xa presentou unha denuncia por comentarios en ton de burla aparecidos nas redes sociais sobre a morte do pequeno e que consideran ofensivos.
A denuncia foi presentada nun xulgado da capital malagueña para que o encadre no tipo delituoso que corresponda.
A avogada asegurou que están a transcribir literalmente todos os comentarios publicados nas redes sociais para interpoñer unha segunda demanda nos próximos días.
Sobre a investigación xudicial aberta pola morte de Julen dixo que está nos seus inicios e que conforme se practiquen as dilixencias irán pedindo outras para que se esclareza totalmente o ocorrido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/02/2019