CRTVG

Buscar

Os pacientes do hospital de Lugo con marcapasos estarán monitorizados por control remoto

Publicado o 23/12/2019 12:46

O HULA dá un paso máis na mellora da calidade de vida dos pacientes crónicos. Neste caso os doentes que teñen implantado un marcapasos. Nunhas semanas comezarán a monotorizar estes dispositivos coronarios de forma remota. Cada paciente levará para a súa casa un aparato como este que transmitirá os datos do seu estado e tamén do propio dispositivo.

Así o explica Juliana Elices, cardióloga especializada en Electrofisioloxía: "Teñen que enchufar este aparato na mesiña de noite, e non teñen que facer nada. O marcapasos e o aparato comunicanse. Leva unha tarxeta de telefonía que nos envia os datos a páxina web onde recibimos as alertas".

Todos os datos recóllense na historia electrónica do Sergas, o que facilitará o traballo dos profesionais que fan o seguimento dos pacientes. As vantaxes para o paciente, hai un control máis exhaustivo do seu estado e redúcense as súas visitas ao hospital.

"Isto non sustitúe totalmente o seguemento presencial, se hai algunha arritmia, ou problema co dispositivo teñen que vir para facer unha revisión ou unha modificación no marcapasos", manifesta Juliana Elices.

Xunto ao HULA participa neste plan piloto o CHUS de Santiago. En Lugo implántanse ao ano uns 400 marcapasos e 3.000 pacientes están baixo seguimento clínico.

Noticias web

23/12/2019