CRTVG

Buscar

Os novos horarios no voo a Londres dende Alvedro abren a posibilidade de novas conexións

Publicado o 26/12/2019 14:29

Novidades no aeroporto de Alvedro a partir do próximo 29 de marzo. Adiántase o horario da conexión que enlaza a terminal coruñesa con Londres. Deixará de operar en horario de tarde, ás seis e vinte, e pasará a facelo pola mañá, á unha menos cuarto.

Isto abre un amplo abano para posibles conexións dende a terminal londinense, destinos que ata o de agora eran impensables, por iso precisamente, porque chegando a Londres á última hora da tarde resulta complicado enlazar con outros voos.

Os billetes acaban de saír á venda e manteñen a frecuencia diaria. Esta conexión A Coruña-Londres leva xa dez anos operando e é unha das máis fortes do sistema aeroportuario galego, con máis de 54.000 viaxeiros ao ano. 

Noticias web

26/12/2019