CRTVG

Buscar

Os novos casos seguen descendendo en España e as mortes baixan das 300 diarias

Publicado o 02/12/2020 19:07

As comunidades autónomas notificaron este mércores ao Ministerio de Sanidade 9.331 novos casos de covid−19, 5.060 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Isto supón unha cifra inferior respecto aos 10.222 do mesmo día da semana anterior.

A cifra global de contaxios en España elévase xa a 1.665.775 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais.

Así mesmo, a incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 251, fronte a 265 onte e 340 o mércores pasado, cun total de 118.324 positivos nas pasadas dúas semanas.

No informe deste mércores engadíronse 273 novos falecementos, en comparación cos 442 de onte e os 369 do mércores pasado.

Na última semana faleceron 1.051 persoas con diagnóstico de covid−19 positivo confirmado en España para un total de 45.784 desde que o virus chegou, de acordo cos datos recollidos polo Ministerio. 

Actualmente, hai 13.567 pacientes ingresados por covid−19 en toda España (14.243 onte) e 2.485 en UCI (2.578 onte). Nas últimas 24 horas, producíronse 1.256 ingresos (1.262 onte) e 1.675 altas (1.561 onte).

Ademais, a taxa de camas ocupadas por coronavirus sitúase no 10,96 % (11,52 % onte) e nas UCI no 25,66 % (26,30 % onte).

As autonomías con máis positivos diagnosticados nas últimas 24 horas son Madrid (1.140), Cataluña (788), País Vasco (516) e Andalucía (438).