CRTVG

Buscar

Os nenos volven brincar nos parques infantís

Publicado o 15/06/2020 15:12

Levan meses agardándonse. A separación foi dura. Uns miraban desde a ventá. Os outros tampouco comprendían aquel silencio. Os nenos aguantaron e cando, por fin, algo nerviosos, puideron saír, os parques tiñan aquelas cintas que lles impedían pasar. Tres meses nos que ata medrou a herba co aburrimento. Pero esta fin de semana chegaron eses señores con traxes estraños e sulfatadoras. Son, dixéronlles na casa, os que desinfectan as zonas de xogo. E por fin hoxe é o día.

Os primeiros, con máis sorte, foron os nenos de Marín, que xa teñen parques dende o venres.

E agora toca cumprir, terán que ir ao parque pero sen xuntarse, sen tocarse! Haberá que controlar a acollida, porque cada neno terá que ter catro metros cadrados para el só. Os parques deberán contar con dispensadores de xel hidroalcólico e carteis que indiquen as normas. E ademais os espazos e mobiliarios urbano que conteñen deben ser desifectados cada día.

Precisamente pola imposibilidade de telo todo a punto e cumprir toda a normativa, hai concellos como de Pontevedra que atrasa a apertura dos seus 60 parques, polo menos, unha semana. En Cangas atopamos algún decepcionado.

Tamén os nenos de Vigo ou Santiago terán que agardar un días. Pero agora os nenos xa saben que nisto que chaman nova normalidade eles seguirán sendo os reis do parque.

Noticias web

15/06/2020