CRTVG

Buscar

Os nenos teñen máis capacidade de adaptación e superan mellor as crises, din os psicólogos

Publicado o 15/05/2020 14:41

Con bici, patinete ou a pé, os nenos volveron saír á rúa con ilusión desde o primeiro día que se autorizaron os seus paseos.

A crise do coronavirus trouxo cambios radicais nas súas rutinas: sen colexio, nin parque, nin contacto directo cos amigos. Aínda que os pequenos demostraron que levan bastante ben os cambios.

E a capacidade de adaptación dálles vantaxe para superar situacións coma esta.

Verónica Rey, psicóloga: "A adaptación é fundamental. Creo que os nenos o están a levar bastante ben. Evidentemente, hai que fomentar o contacto social doutros xeitos: con telecomunicacións, chamadas por WhatsApp".

Traballar a adaptación para levar o mellor posible este tempo de incerteza.

Noticias web

15/05/2020