CRTVG

Buscar

Os municipios costeiros, en alerta pola presenza de persoas procedentes doutras provincias

Publicado o 01/06/2020 15:17

Os municipios costeiros están en alerta pola presenza de persoas procedentes doutras provincias. As forzas de seguridade recibiron varios avisos. 

A flexibilidade das franxas horarias para saír á rúa e o bo tempo que acompaña a Galicia durante os últimos días deixaron imaxes de paseos e areais ateigados de xente. Isto levantou a sospeita de moitos veciños ante a chegada de xente doutras provincias ás segundas residencias preto da praia. 

As forzas de seguridade dalgúns municipios costeiros foron alertados polos veciños da presenza de persoas de fóra da provincia. Ata unha decena de avisos recibiu a Policía Local de Poio, aínda que non chegou a tramitar ningunha denuncia. Tamén se produciron avisos en Sanxenxo. 

Polo momento, está prohibida a mobilidade interprovincial e o seu incumprimento supón sancións a partir dos 1.500 euros. 

 

Noticias web

01/06/2020