CRTVG

Buscar

Os modelos matemáticos apuntan que a evolución dos gromos é preocupante

Publicado o 31/07/2020 14:40

A anticipación é fundamental para predicir a evolución da pandemia, de aí a importancia dos modelos matemáticos. Foron fundamentais durante os momentos máis duros da epidemia e tamén o son agora.

Na Universidade da Coruña traballan nunha ferramenta web para monitorizar e predicir a evolución do virus, pero non é o único proxecto en marcha. As predicións que manexan son pouco optimistas.

Ricardo Cao, presidente do Comité de Expertos da Acción Matemática contra o Coronavirus, asegura que a situación actual é preocupante e que hai que extremar as precaucións.

Para facer estas predicións os matemáticos empregan datos de contaxios, falecementos, hospitalizacións ou ingresos en UCI. A falta de homexeneidade na medición dos mesmos é un problema que, segundo apuntan dende o Comité de Expertos da Acción Matemática contra o Coronavirus, debería solucionarse canto antes.

Dende o comité de expertos de Acción Matemática contra o coronavirus lembran a importancia de apostar por modelos matemáticos para predicir a evolución do virus e anticiparse a futuras epidemias.

Noticias web

31/07/2020