CRTVG

Buscar

Os Milagres de Saavedra con distancia social e máscaras

Publicado o 24/05/2020 15:07

Celébrase hoxe a romaría da Virxe dos Milagres de Saavedra, unha peregrinación que cada 24 de maio levaba ata Begonte milleiros de romeiros; nada que ver con como se viviu a celebración.

Coma todos os anos, os máis dos peregrinos dos milagres chagaban ao santuario a pé. En comparación con outros anos, o número de camiñantes foi sensiblemente inferior. Estas son imaxes do ano pasado, coa igrexa ateigada de xente. Este ano apenas dez persoas no interior do templo gardando as distancias de seguridade e todos con máscara.

Álvaro é veciño de Saavedra. Hai quince anos que colabora na romaría. E fronte ás ducias de postos doutros anos, este ano só houbo un. Actitude resignada e nos rezos de moitos a petición a esta virxe milagreira de que o pesadelo do coronavirus remate xa.

Noticias web

24/05/2020