CRTVG

Buscar

Os mercados xa notan a actividade a vinte días da Noiteboa

Publicado o 04/12/2019 15:03

As vendas de marisco comezaron xa a dar alegrías nos mercados ante a proximidade das festas do Nadal.

A día de hoxe os prezos xa están máis altos do habitual nestas datas, pero os vendedores prevén que experimenten unha boa escalada para o Nadal.

Por outra banda, tamén están chegando aos mercados os grelos de inverno. Polo momento hai escaseza, pero din que están moi saborosos.

Porque a chuvia intensa do mes pasado botou a perder boa parte da colleita.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2019