CRTVG

Buscar

Os mercados de Nadal brindan novas oportunidades aos artesáns locais

Publicado o 24/12/2019 19:57

Dende hai uns anos é habitual atopar nas cidades europeas mercados de Nadal; son espazos abertos, que habitualmente se sitúan nas prazas e nas rúas e que lle ofrecen aos consumidores produtos alternativos aos das grandes áreas comerciais.
En Galicia tamén temos varios mercados deste tipo.

Se cadra esa é a maior diferenza entre este mercado de Nadal e os outros; aquí todos os artesáns son da provincia, co cal este espazo convértese nun dos mellores escaparates posibles para a artesanía luguesa. Por iso os que se achegan xa saben o que van atopar.
Todo o exposto podería levar o letreiro de feito á man: os colares, os beléns, as bolboretas, as baleas ou as bonecas. Aquí as pezas nunca son idénticas.
O mercado tamén é unha oportunidade para que os artesáns expliquen que hai detrás das pezas.
Os temporais fixeron diminuír o público dos primeiros días, agora as expectativas son boas. O mercado permanecerá na rúa ata o víspera de Reis.
 

Noticias web

24/12/2019