CRTVG

Buscar

Os de La Manada seguirán en liberdade ao desestimarse o recurso da acusación

Publicado o 06/02/2019 20:10

Os cinco membros de La Manada seguirán en liberdade provisional. A Audiencia Provincial de Navarra desestimou os recursos presentacións polas acusacións particulares para que volvesen ingresar en prisión despois de que a condena a nove anos de cadea a ratificara o Tribunal Superior de Xustiza. A Audiencia considera que non hai ningún motivo nos recursos que permita modificar a situación dos cinco acusados: cre que non hai risco de fuga nin reiteración delituosa.


 

Noticias web

06/02/2019