CRTVG

Buscar

A Audiencia de Navarra mantén a liberdade provisional para La Manada

Publicado o 03/01/2019 19:58

A Audiencia de Navarra desoe a Fiscalía e as acusacións e reafirma o seu criterio de manter libres os membros de La Manada ata que se resolvan os recursos que presentaron tanto as defensas coma as acusacións contra a sentenza que os condena a nove anos de cadea por un delito continuado de abuso sexual con prevalimento.

Argumenta que non hai motivos para mandalos novamente a prisión, porque cre que as circunstancias non cambiaron, e que tampouco agora hai risco de fuga.

Agustín Martínez, avogado dos condenados: "Se houbese unha sentenza condenatoria eu sería o primeiro en decir que hai que cumprila, aínda que pensase que son inocentes. Pero en caso contrario, se saen inocentes, espero que todo o mundo pida desculpas e o recoñeza".

A sentenza do Supremo pode tardar entre 1 e 2 anos. A defensa da vítima cre que aí se resolverá o caso a favor da rapaza.

Carlos Bacaicoa, avogado da vítima: "Os feitos declarados probados quedan aí, e levarán indubidablemente a unha condena. A clave está en será unha condena por abuso ou por agresión, e espero que o Supremo finalmente vexa que houbo agresión".

O criterio da Audiencia de Navarra non foi unánime. Dous membros votaron a favor de manter La Manada libre, contra o voto do presidente da sala, partidario de que os condenados esperasen a sentenza do Supremo desde a cadea.

 

Noticias web

03/01/2019