CRTVG

Buscar

Os médicos da Atención Primaria irán á folga este mércores e xoves

Publicado o 25/11/2019 18:14
Os médicos da Atención Primaria irán á folga este mércores e xoves

A Asemblea de Áreas Sanitarias convoca folga na Atención Primaria para este mércores 27 de novembro e para o xoves 28. Están chamados á folga os médicos de familia e pediatras da Atención Primaria.

Reclaman tempo para atender os pacientes, cun límite de 30 citas ao día, e que se convoquen todas as vacantes de todas as categorías mediante oferta pública de emprego.

Outro dos motivos que os leva á folga é a demanda dun orzamento específico para Atención Primaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/11/2019